Na terceira reunión da mesa do XIX Convenio estatal de empresas de Enxenerías e oficinas de Estudos Técnicos celebrada o 21 de marzo de 2018, a patronal presentou a sua plataforma contenendo unhas propostas que pretenden precarizar as condicións laborais do Sector de Enxeñerías. Os termos fundamentais da plataforma son:
- Eliminación da antigüidade
- Eliminar o límite das 9 horas ordinarias diarias de traballo efectivo.
- Eliminar o concepto de xornada, como xornada máxima, co objecto de que a xornada establecida,
- 1.800 horas, se teñan que realizar inexcusablemente.
- Reducir o periodo vacacional 1 día.
- Endurecemento do réximen sancionador, como por exemplo, incorporando como falta o uso de teléfonos móviles particulares oa demora en executar cualquera traballo.
- Reducir o complemento por enfermidade ata un máximo de 6 meses, en enfermidades de máis de 30 días.
- Reducir o complemento do traballo nocturno
- Eliminar o incremento do 75% das horas extras.
- Aumentar o periodo de proba ata, nalgúns caos, os nove meses.
A valoración que facemos en CCOO non pode ser máis negativa. Estamos ante un posicionamento patronal que provocaría un marcado empobrecemento e un grave empeoramento das condicións de traballo no sector, que desde CCOO non imos permitir. Por tanto, esperamos unha rectificación por parte da patronal que permita seguir coa negociación e non chegar a unha situación de bloqueo total.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.