No día de hoxe, ábrese o prazo de presentación das solicitudes para o Fondo de Asistencia Social 2017 e finalizará o 10 de novembro. As facturas con data posterior ao 10 de novembro entrarán na repartición do FAS 2018.
Desde RRHH comunicáronnos que está pendente de decidir como se trasladará á plantilla de eventuais, contratados desde a finalización da anterior convocatoria, a súa participación no FAS.
Lembrar a todo o persoal que independentemente do contrato e/ou duración do mesmo teñen dereito á participación no FAS.
É moi importante que cando presentedes a vosa solicitude fagádelo en man na oficina máis accesible para vós e unicamente ás persoas designadas pola empresa.
MOI IMPORTANTE! Lede ben o estatuto xa que houbo modificacións para adaptalo ás novas circunstancias. É importante a entrega do Anexo I correctamente enchido, con todos os conceptos solicitados, o feito de non cubrir correctamente pode ser motivo de nulidade da solicitude ou concepto solicitado.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.